Nós
Mel de Monfero e unha pequena explotación apícola Familiar con 200 colmeas repartidas en 10 colmeares no concellos de monfero e un pequeno colmear en Lamas (San Sadurniño) Estas colmeas estan coidadas por Fina e Manolo como únicos traballadores da explotación. Nas zonas onde estan as nosas abellas hay unha rica flora,estan distribuídas dende as Fragas do Eume ata a parroquia de Santa Xia.
Estamos asociados dende hay moitos anos con A.G.A. (Asociacion Galega de Apicultura), que foi nun principio a que nos ensinou a traballar coas abellas e o mel.
Tamen somos socios da coperativa ERICA MEL de Arzua, que é a onde levábamos o mel a granel para vender, aqui nos esixían moita limpeza e unha humidade de menos de 18`5%
Somos tamén socios da «Casa do mel de GOENTE», esta asociación ten un laboratorio no cal nós facemos analisis do noso mel.
No inverno, os de MEL DE MOFERO,dedicámonos a vender mel, a arranxar colmeas,a construir novos cadros e renovamos as ceras, para non ter tanto traballo na primaveira.
A cera que poñemos nas nosas colmeas so é a dos opérculos que sacamos cando extraemos o mel,lavámola e fundámola nun cerificador, e os bloques que sacamos levámolos a unha casa en Ourense que no los lamina e traemos listos para poñer nos nosos cadros na colmea. A cera de panais vellos fundímola e vendemola a algunha casa par facer velas, figuras, etc.
Na enfermidade da Loque,que consiste en que a cria dos panais pudra e da moi mal olor,intentamos salvar as colmeas cambiando as abellas para unha colmea vacía e témola dous días sen nada para que sanen e despois poñémolas noutra colmea con cera e normalmente sanan. As colmeas infectadas de Loque,quitámoslle toda a mel e cera e o enterramos ou queimamos, os cadros e as alzas desinfectámolos con sosa e despois repasámolos con soplete.
Durante os meses de inverno de cando en cando visitamos as nosas colmeas para ver se estan ben tapadas, que non lle entren os roedores nin outros animais



