Mel de Monfero é unha pequena explotación apícola familiar con máis de 200 colmeas repartidas en 10 colmeares no concello de Monfero.
Estas colmeas están coidadas por Fina e Manolo como únicos traballadores, distribuídas desde as Fragas do Eume ata a parroquia de Santa Xia, unha zona recoñecida pola calidade e riqueza da súa flora.Desde os nosos comenzos, estamos asociados coa Asociación Galega de Apicultura (AGA), que ensináronnos a traballar coas abellas e tratar o mel. Así mesmo, ao longo da nosa carreira, fomos socios da Cooperativa ERICA MEL de Arzúa, así como da Casa do Mel de Goente, a cal ten un laboratorio onde facemos as análises do noso Mel.