Flora e Fauna de Monfero

PLANTAS MELÍFERAS DE MONFERO


MARZO-: florecen os nabos, coles, frutais,avellano, buxo

ABRIL-: eucalipto globulos,bidueiro,carballo

MAIO-: eucalipto, frutais abrotega,loureiros,trebol

XUÑO-: comezan as frores do monte a aparecer, as queirogas de primaveira, as carrouchas, a silva, o castiñeiro, a xesta, mirto

XULIO-: segue o castiñeiro e o eucalipto Rena

AGOSTO-: queirogas de veran que adornan os nosos montes de vermello

SETEMBRO-: queirogas e a chamada septembrina que é unha pequena queiroga que da un bo mel pero non é posible extraelo no extractor por ser moi espeso, e ten que quedar na colmea para poder pasar o inverno as nosas abellas.

Dende novembro ata marzo

A colmea non ten moita actividade xa que co frio estan formando unha bola e so cando sae o sol as abellas saen as flores e traen algun polen , xeralmenete de toxo, e tamen saen a facer as suas necasidades e fan limpeza na colmea (quitan as mortas)
O mel sacánmolo xeralmente no mes de setembro, nos cadros, e transportamolo ata a planta de envasado no coche ou en tractor, e unha vez alí extraémolo por centrifugación, colámolo e deixámolo decantar en vidóns aceiro inoxidable15 días.
Todos estos dias quitámoslles a parte superior que é onde deposita as impurezas.

O mel ós 15 dís está para envasar , ben en tarros, ou en cubos de 22 kgs herméticos ,que no-lo conservan ata que o necesitamos para envasar. Temos pensado sacar o mel por floracións, xa que non é moi dificil sacar monoflorais de eucalipto silva,castaño e de queiroga. O mel,dependendo da flor que sexa, cristaliza máis ou menos rápido.Nós temos unha resistencia que poñoemos cando cristaliza, e temos que graduala a menos de 40º. O mel si se quenta por encima de 45º, perde todas as suas propiedades e so queda coma un simple azucre.

MEL DE MONFERO


Estamos asociados dende hay moitos anos con A.G.A. (Asociacion Galega de Apicultura), que foi nun principio a que nos ensinou a traballar coas abellas e o mel.

Tamen somos socios da coperativa ERICA MEL de Arzua, que é a onde levábamos o mel a granel para vender, aqui nos esixían moita limpeza e unha humidade de menos de 18`5%

Somos tamén socios da «Casa do mel de GOENTE», esta asociación ten un laboratorio no cal nós facemos analisis do noso mel.

No inverno, os de MEL DE MOFERO,dedicámonos a vender mel, a arranxar colmeas,a construir novos cadros e renovamos as ceras, para non ter tanto traballo na primaveira.

A cera que poñemos nas nosas colmeas so é a dos opérculos que sacamos cando extraemos o mel,lavámola e fundámola nun cerificador, e os bloques que sacamos levámolos a unha casa en Ourense que no los lamina e traemos listos para poñer nos nosos cadros na colmea. A cera de panais vellos fundímola e vendemola a algunha casa par facer velas, figuras, etc.

Na enfermidade da Loque,que consiste en que a cria dos panais pudra e da moi mal olor,intentamos salvar as colmeas cambiando as abellas para unha colmea vacía e témola dous días sen nada para que sanen e despois poñémolas noutra colmea con cera e normalmente sanan. As colmeas infectadas de Loque,quitámoslle toda a mel e cera e o enterramos ou queimamos, os cadros e as alzas desinfectámolos con sosa e despois repasámolos con soplete.

Durante os meses de inverno de cando en cando visitamos as nosas colmeas para ver se estan ben tapadas, que non lle entren os roedores nin outros animais

CURIOSIDADES DO MUNDO DAS ABELLAS


Diariamente cada abella percorre 40km e visita unhas 7200 frores para producir 5g de mel

Na tumba do faraon Tutankamon foron encontrados en perfectas condicións vasixas con mel a pesares dos 33 siglos pasados.

Cando os antigos exipcios facían expedicións consevaban a carne en vasixas cheas de mel.

No polen encóntranse case todas as vitaminas

Un kg de polen ten 3 veces mais proteinas que a mesma cantidade de carne de res.

A raíña é capaz de poñer o dia o seu peso en ovos, en dias de moita melada.

A raíña alimentase exclusivamente con xalea real é fértil vive 5 anos e pesa 240mg, mentres as obreiras son estériles viven de 30 a 90 dias e pesan 125mg.

A raíña aparease con 8 a 11 zánganos no voo nupcial

Grazas a alimentación con xalea real, a larva aumenta 1500 veces o seu peso ata a sua evolución a raíña, en 16 días soamente.

Stradivarios barnizaba os seus violins con propoleo.

O propoleo e o mellor cicatrizante conocido

Os sacerdotes exipcios usaban o propoleo para embalsamar ós faraóns (as célebres momias consevadas ata os nosos dias).

O veneno das abellas é moitas veces mais forte que calquer outro antibiótico conocido.

O propoleo é un bioestimulante antibiótico de amplio expectro comparable no seu efecto antiinfeccioso co da penicilina e o clorafenicol.

A apitoxina, o propoleo, a xalea real e o polen estimulan o crecemento do texido óseo

Hipócrates (viviu 107 anos) considerado o pai da medicina recomendaba o uso do mel para prolongar a vida

Os pobos primitivos rara vez tiñan caries, pois o mel non é carióxeno a diferencia do azucre.

Un litro de mel pesa aproximadamente 1’420kgs

A abella para ventilar a colmea vate as ás 320 veces por minuto.
A abella leva a colmea ata 15mg de polen en duas pelotas nas patas.Para xuntar 1kg de polen ten que facer máis de 60.000 voos.

Bibliografísa apiterapia para todos Moises Asis.

Contact Us

We're not around right now. But you can send us an email and we'll get back to you, asap.

Not readable? Change text. captcha txt

Start typing and press Enter to search